Nesta pasada semana sufrimos un percance pouco habitual. A Lara colleu
umha rabecha como non tinha collido antes.
Estabamos vendo un episodio da serie de Disney Little Einstein antes de cear e ao
rematar negouse a apagar a televisión para ir á cocinha. Isto, que xa o tinha
feito nalgumha outra ocasión, converteuse en umha rabecha que non se producira
até o momento. Comezou a chorar moi forte sen quererse mover do sofá e
rexeitando mesmo o meu colo para irmos cear. Rematou atirándose no chan sen
deixar de chorar e entón rifeille moi enérxicamente. Esta situación provocou
uns minutos ben desagradables nos que te prantexas muitas cousas sobre se estás actuando ben ou mal. No seu caso, acho que foi un ensaio para descubrir até que
punto podía controlar ou non os tempos e as situacións no fogar, que rematou
nun sentimento de certa raiba e vergonha. Custou aínda un bon anaco que se
tranquilizara e escoitara sen chorar e mirándome aos ollos (que é o xeito ao
que a acostumei a escoitar cuando lle tinha algo serio que dicer). Rematou
pedíndonos perdón ao pai e á nai e reconhecendo que se portara mal. Despois
amosouse moi agarimosa e mesmo me pareceu un tanto arrepentida e avergonhada,
tendo que permanecer ao seu carón até que ficou durmida.
Á manhá seguinte espertou con moita necesidade de afecto,
que non lle negamos en ningún momento, estando xuntos máis tempo do habitual e precisando un chisco máis da nosa proximidade.
Reflexións:
- Non sei (nin souben/soubemos) facelo doutro xeito, mais a
pouca televisión que consuman as crianzas sempre é de máis.
- Confírmome en non dar nunca un paso atrás nas decisións.
Pensar moi ben o que lle imos dicer (sexa umha rifa, umha instrucción ou umha
licencia) e, aínda que finalmente sexa errado, non mudar o criterio. Amosarlle
seguridade e firmeza só pode transmitirlle tranquilidade e confianza nas
persoas responsables da súa educación.
- Recortar ao máximo as condicións, competicións e, por
suposto, os castigos nas idades más temperás. Non sabemos se nos temos que
retractar, o que botaría por terra todas as demáis accións desta natureza que
quixeramos acometer no futuro. A nena ten que ir asumindo que deberá facer o
que se lle indica (nin rematar antes nin despois, nin con premio nin con
castigo, nin máis nin menos ca outra persoa). Deste xeito as accións máis
cotiáns hanse converter en parte da normalidade, sen estaren supeditadas a
ningún premio nin condición.
- Aínda que ás veces nos esquecemos, é bon “negociar” os
tempos e as formas das accións que vai realizar a nena, permitíndolle “opinar”
sobre as mesmas (aínda que sexa dun xeito máis menos controlado).
- Ao mellor tamén nos comemos demasiado a cabeza. Miles de
millóns de persoas tenhen pasado por este mundo xerando personalidades
maravillosas, boas e xenerosas, para alén dos libros de Historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario