luns, 1 de setembro de 2014

Rabecha


Nesta pasada semana sufrimos un percance pouco habitual. A Lara colleu umha rabecha como non tinha collido antes.
Estabamos vendo un episodio da serie de Disney Little Einstein antes de cear e ao rematar negouse a apagar a televisión e ir para a cocinha. Isto, que xa o tinha feito nalgumha outra ocasión, converteuse en umha rabieta que non se producira até o momento. Comezou a chorar mui forte sen quererse mover do sofá e rexeitando mesmo que a collera para irmos cear. Rematou atirándose no chan sen deixar de chorar e entón rifeille mui enérxicamente. Esta situación provocou uns minutos mui desagradables nos que te prantexas muitas cousas sobre se estás facendo as cousas ben ou mal. No seu caso, acho que foi un ensaio de até que punto podía controlar ou non os tempos e as situacións no fogar, que rematou nun sentimento de certa raiba e vergonha. Custou aínda un bon anaco que se tranquilizara e escoitara sen chorar e mirándome aos ollos (que é o xeito ao que a acostumei a escoitarme cuando lle tinha algo serio que dicer). Rematou pedíndonos perdón ao pai e á nai e reconhecendo que se portara mal. Despois amosouse mui agarimosa e mesmo me pareceu un tanto arrepentida e avergonhada, tendo que permanecer ao seu carón até que ficou durmida.
Á manhá seguinte espertou con muita necesidade de afecto, que non lle neguei en ningún momento, estando xuntos máis tempo do habitual até ficar coa avoa (nese día custou máis do habitual que quixera separarse de min).

Reflexións: