luns, 11 de abril de 2016

Árbore xenealóxica


Hoxe imos facer umha proposta para o cuarto das vosas fillas ou dos vosos fillos, que, ademáis de decorar umha parede do seu dormitorio, ben vai poder xogar un rol educativo e lúdico para cos máis pequenos da casa.
Trátase dumha árbore xenealóxica, que lle vai axudar identificar e localizar sos membros da súa familia máis próxima, ademáis de telos sempre presentes; cousa de interese engadido se –como é o noso caso- xa non todos están con nós.

sábado, 4 de xullo de 2015

Lara - Holly


Xa está matriculada no “cole”. O mesmo que lle pasou ao pai, a Lara vai ser das maiores da aula (por ter nacido no mes de febreiro). Estes días estamos despedíndonos da Escola Infantil Concepción Sáiz Otero, onde gozou dun ano de relacións, experiencias e amizades, tanto coas educadoras como co resto de nenas e nenos cos que compartiu centro.

O pasado 10 de xunho tinha lugar a festa de fin de curso, onde recibiron un diploma mui chulo e puideron cantar, bailar e xogar xunto á súa familia e aos seus companheiros. Para esta actividade, pedíronnos desde a Escola que asistiran disfrazados con temática medieval e, como queira que a Lara gosta muito da serie de debuxos animados O pequeno reino de Benn e Holly e mesmo fantasea amiúdo coa personaxe da princesa Holly, chegamos ao acordo na casa de que iría disfrazada da personaxe de Baker e Astley. De feito, rexeitou de cheo cualquer outra posibilidade. Eis o motivo polo que 2 días antes me puxen mans á obra para ver onde podía mercar ou como podía facer este traxe. O resultado foi bastante satisfactorio e o traballo e os custes, moi poucos. Eis o motivo, polo que quero compartir a experiencia con vós.

luns, 1 de setembro de 2014

Rabecha


Nesta pasada semana sufrimos un percance pouco habitual. A Lara colleu umha rabecha como non tinha collido antes.
Estabamos vendo un episodio da serie de Disney Little Einstein antes de cear e ao rematar negouse a apagar a televisión e ir para a cocinha. Isto, que xa o tinha feito nalgumha outra ocasión, converteuse en umha rabieta que non se producira até o momento. Comezou a chorar mui forte sen quererse mover do sofá e rexeitando mesmo que a collera para irmos cear. Rematou atirándose no chan sen deixar de chorar e entón rifeille mui enérxicamente. Esta situación provocou uns minutos mui desagradables nos que te prantexas muitas cousas sobre se estás facendo as cousas ben ou mal. No seu caso, acho que foi un ensaio de até que punto podía controlar ou non os tempos e as situacións no fogar, que rematou nun sentimento de certa raiba e vergonha. Custou aínda un bon anaco que se tranquilizara e escoitara sen chorar e mirándome aos ollos (que é o xeito ao que a acostumei a escoitarme cuando lle tinha algo serio que dicer). Rematou pedíndonos perdón ao pai e á nai e reconhecendo que se portara mal. Despois amosouse mui agarimosa e mesmo me pareceu un tanto arrepentida e avergonhada, tendo que permanecer ao seu carón até que ficou durmida.
Á manhá seguinte espertou con muita necesidade de afecto, que non lle neguei en ningún momento, estando xuntos máis tempo do habitual até ficar coa avoa (nese día custou máis do habitual que quixera separarse de min).

Reflexións:

venres, 29 de agosto de 2014

Pantallas


Fai cuase 1 ano (con menos de 2 anos de idade, cicais demasiado cedo) que comezamos a deixarlle ver a televisión con certa regularidade. Fixémolo progresivamente, comezando por 15 ou 20 minutos ao día en días alternos até a hora diaria que absorbe na actualidade. Resistímonos un pouco a que vexa a programación das distintas canles, escolléndolle videos musicais e programas infantís que ve “á carta”.
Ao principio, eran só videos musicais, que actualizabamos conforme pasaban os meses, deixando aqueles que máis gostaba e introducindo outros novos con linguaxes máis complexas. Aguantan desde o principio O Pirimpimpín, dos Meninos cantores e O Parampampero, de MamáCabra, cos que baila, canta e ri que é umha ledicia vela. No que atinxe a programas, o Baby Einstein, As músicas da Carochinha, ChuChu TV ou os Little Einstein, que é o que máis ve hoxendía.

domingo, 6 de abril de 2014

Benvido, Miguel


Adoitaba dicer que sería avó antes que pai naquelas conversas [ás veces incómodas] nas que semella por momentos que o interese do interlocutor radica máis en impacientarte que en preocuparse por ti.
Pois ben, en certo modo non estivo a cousa mui desencaminhada. Mentres a minha filla acababa de facer 2 anos, a minha sobrinha era nai dun fermoso bebé chamado Miguel, dándolle á Lara o seu primeiro "sobrinho segundo" e ao que subscribe o seu primeiro "sobrinho-neto".
Lerias á parte, agardo que o Miguel saiba captar cada día a beleza deste mundo e acade ver a parte máis humana e fermosa dumha sociedade que loita desesperadamente por deshumanizarse.

luns, 10 de marzo de 2014

Abrimos a bitácora

Despois de voltas e máis voltas, hoxe decido criar este espazo no que ir contando -de cando en vez- as novas experiencias que comparto coa minha filla. A Lara ven de facer 2 anos e -para alén de seren tempos mui difíciles- foron os anos nos que máis levo aprendido sobre a vida.
Tentarei volcar aquí as vivencias, opinións e resultados que imos experimentando na nosa relación.